LIGA LOCAL DE ORDES F.S
  Voleibol
 

Voleibol

Partido de voleibol

O voleibol ou balonvolea foi creado en 1895 por William G. Morgan. Daquela era director de Educación Física no Ymca de Holihoke, no estado de Massachusetts (Estados Unidos), e establecera, desenvolvera e dirixira, un amplo programa de exercicios e de clases deportivas masculinas para adultos.

Historia

Morgan decatouse de que precisaba dalgún xogo de entretemento e competición á vez para variar o seu programa, e sen dispoñer máis ca do baloncesto, creado catro anos antes (1891), botou man dos seus propios métodos e experiencias prácticas para crear un novo xogo.As regras iniciais e os conceptos de base foron establecidos: a Mintonette; primeiro nome co que se lle bautizou, viñera de nacer.

O nome de mintonette seguiu vixente ata que o doutor A.T. Halsted, en Springfield, depois de observar o novo deporte, suxeriu que o seu nome fose mudado de mintonette para voleibol, tendo en conta que a idea básica do xogo era xogar a bóla dun lado para o outro, por riba da rede, coas mans.


 
  Visitas de hoy 2 visitantes¡LIGA LOCAL DE ORDES  
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=
asociaciondeportivaordes@gmail.com